Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de asemblea para a constitución da xunta xestora dos montes abertais de Monel, situados na parroquia de Vilachá, no concello de Becerreá (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócanse os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da xunta xestora dos montes abertais de Monel, situados na parroquia de Vilachá (San Pedro), no concello de Becerreá.

Día: 22 de decembro de 2017.

Hora: 16.00 horas.

Lugar: Casa da Fragua, Monel, Vilachá, Becerreá.

Orde do día:

1. Aprobación de estatutos.

2. Constitución da xunta xestora denominada Montes Abertais de Monel.

3. Elección de representantes.

4. Proposta para a constitución dunha Sofor.

5. Rolda de intervencións.

Lugo, 22 de setembro de 2017

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo