Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto e trámite ordinario, do expediente 2017/CSEA1/000005 e dous máis.

Servizos:

Expediente nº: 2017/CSEA1/000005.

Obxecto: modificacións na sede electrónica da USC.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 41.300 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 1.239 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Subministracións:

Expediente nº: 2017/CSUA1/000014.

Obxecto: adquisición dun equipo FTIR para un sistema de análise en tempo real, equipado cunha sonda ATR (Attenuated Total Reflectance) de rebote múltiple.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 84.677 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 2.540,01 euros.

Prazo de execución: 40 días.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Proxecto ED431G/09. Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia (convocatoria 2016). Financiada con fondos Feder. «Unha maneira de facer Europa».

Expediente nº: 2017/CSUA1/000015.

Obxecto: implementar unha serie de melloras no sistema de cableado estruturado (SCE) en varios edificios da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Localidade: Santiago de Compostela e Lugo.

Provincia: A Coruña e Lugo.

Importe de licitación: 38.300 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 1.149 euros.

Prazo de execución: 10 días hábiles.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número do expediente: os arriba indicados.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: os arriba indicados.

b) Número de unidades que se van entregar/executar: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega/execución: os citados anteriormente.

d) Prazo de entrega/execución: os mencionados anteriormente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: os indicados anteriormente.

5. Garantía:

Provisional: as citadas anteriormente.

6. Obtención de documentación:

A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico contratacion@usc.es

7. Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 81 12 63, 881 81 12 60.

e) Fax: 881 81 13 66.

f) Enderezo web: www.usc.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: 14 horas do día 23 de outubro de 2017.

8. Requisitos específicos dos contratistas:

Clasificación: non se exixe.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 14.00 horas do día 23 de outubro de 2017.

b) Documentación que hai que presentar: a citada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).

Domicilio: Praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, polígono de Fingoi, s/n).

Domicilio: Campus Universitario.

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: sobre B: 13.00 horas do día 3 de novembro de 2017; sobre C: 13.00 horas do día 17 de novembro de 2017.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 22.9.2015, DOG do 5 de outubro)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela