Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47231

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (261/2014).

No xuízo verbal 261/2014, seguido por instancia de Comercial Senra, S.L. contra Daniel Pais Pereira e Alberto José Lado Curty, ditouse a Sentenza 37/2015, do 4 de marzo, que en extracto dispón:

– Estimar integramente a demanda interposta por Comercial Senra, S.L.

– Condenar a Daniel Pais Pereira e a Alberto José Lado Curty a satisfacer á demandante a cantidade de 2.000 euros máis os xuros legais desde a interpelación xudicial e os xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, con expresa imposición das custas causadas.

– Modo de impugnación: non cabe ningún recurso (artigo 455.1 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Ao se atoparen os ditos demandados en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 28 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza