Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47234

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1100/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1100/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rebeca Suárez Blanco contra a empresa María Soledad Suárez e con intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza

A Coruña, 14 de setembro de 2017

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1100/2014, en que foron parte, dun lado, como demandante, Rebeca Suárez Blanco, con DNI 53303646L, e como demandados, María Soledad Suárez e Fogasa, que non compareceron, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, no nome do rei, a seguinte sentenza

Antecedentes de feito

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, en que, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo, que tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases, co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolución

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Rebeca Suárez Blanco, debo condenar e condeno a empresa María Soledad Suárez a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.656,14 euros polos conceptos reclamados na demanda, con absolución do Fogasa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria en caso de insolvencia empresarial.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Soledad Suárez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza