Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Tentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (tarxeta sanitaria), sita na rúa García Barbón, núm. 51 , 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme ao artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non achegar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.

Pontevedra, 18 de setembro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: 9721.

Interesado: Abakah –, John Kweku.

NIE/DNI/PAS: G0572750.

Derradeiro enderezo coñecido: avenida Alcalde José del Río, 9, 3º C 36900 Marín.