Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47386

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (711/2015).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, pola presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia do Banco Pastor, S.A.U. fronte a David García Fresco e outros, ditouse sentenza con data do 1 de febreiro de 2017.

Atopándose o dito demandado, David García Fresco, en paradeiro descoñecido, expídese a presente co fin de que sirva de notificación en forma a este, indicándose que o interesado poderá dirixirse a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, co fin de ter coñecemento íntegro do acto, facéndolle saber que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial no prazo de vinte días hábiles.

A Coruña, 14 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza