Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Confederación Transportistas.Gal, co número 2017-82-1-4.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositaron os estatutos de la Confederación Transportistas.Gal, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán formar parte da confederación as organizacións inscritas no rexistro de asociacións commpetente que integren no seu seo empresarios e profesionais do transporte e que estean interesadas nos fins da confederación.

Asinan a acta: José Manuel Rodríguez Rodríguez en representación de Fegatráns, Alberto Vila González en representación de Fegatráns, Antonio Señarís del Río en representación de Fetram e Antonio Fernández Alonso en representación de Fetram.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego