Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 27 de setembro de 2017, do Servizo de Consumo de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 27R001-123-2016.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese practicar, emprázase ao interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días (10) contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con domicilio na rolda da Muralla, nº 70, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 27 de setembro de 2017

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo

ANEXO

Expediente: 27R001-123-2016.

Interesada: Comercializadora Riojana de Energía, S.L.

CIF/NIF: B26514471.

Acto notificado: resolución de expediente.