Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47389

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (100/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 100/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús José Magariños Pisos contra Iglesias Miras, S.A., Climatizaciones Compostela, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Dispoño ter por desistido a Jesús José Magariños Pisos da súa demanda fronte a Iglesias Miras, S.A., Climatizaciones Compostela, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LXS).

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Iglesias Miras, S.A. e Climatizaciones Compostela, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza