Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47557

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 6 de xullo de 2017 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.

Advertidos erros na orde que se cita, publicada no Diario Oficial de Galicia número 141, do 26 de xullo de 2017, cómpre efectuar as seguintes correccións do seu anexo I:

Na páxina 35486, na liña dos postos de traballo docentes do CEIP da Ramallosa do concello de Teo, na columna de postos de FI, debe figurar: «3»; na columna de postos de PT, debe figurar: «1».

Na páxina 35489, na liña dos postos de traballo docentes do CEIP Pérez Viondi do concello da Estrada, na columna de postos de EM debe figurar: «1»; na columna de postos de EF, debe figurar: «2».