Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47698

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2017 pola que se notifican as resolucións de arquivamento dos expedientes CED 3/2017 e CED 4/2017.

Unha vez intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a presente resolución notifícaselles ás interesadas o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da lei mencionada. Os expedientes relacionados atópanse á disposición das interesadas para que, se é o caso, poidan consultalos no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sito na rúa Espiñeira 10 baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Advírtense as interesadas de que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Non obstante, previamente, poderán interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución contra a que se recorre, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2017

Mª Rosa Álvarez Prada
Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

DNI

CED 3/2017

Ver_PDF

Ver_PDF

CED 4/2017

Cristina Bernández Menéndez

76947298Q