Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47591

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2017 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o acceso á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 7 de abril de 2017 (DOG do 24 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir 6 prazas na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da USC, subgrupo C1, pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 16 de xuño de 2017 (DOG do 29 de xuño), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas as mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) da fase de oposición, o día 8 de novembro de 2017, ás 9.00 horas, nas aulas 11 e 12 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, campus Norte (avenida do Burgo, Santiago de Compostela).

Ao finalizar a realización da primeira proba (parte escrita) do primeiro exercicio, as persoas aspirantes serán convocadas polo tribunal para realizar a segunda proba (parte oral).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realizara o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela