Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017031TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 11 de setembro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2017031TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Rodrigo Posada Rodríguez.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Rodrigo Posada Rodríguez o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, en Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 27 de setembro de 2017

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2017031TA-LU.

Denunciado: Rodrigo Posada Rodríguez.

DNI: 50809342L.

Último enderezo coñecido: rúa Ramón de la Cruz, 88, 3ª escaleira, 4º B, 28006 Madrid.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: trinta euros (30,00 €).