Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 27 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se dá publicidade da Resolución da Presidencia do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos na realización das probas de aptitude para obter o título de xestor administrativo.

Primeiro. Mediante Resolución do 30 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de xullo, convocáronse as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Segundo. De conformidade coa base quinta da antedita resolución e unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes de admisión ás devanditas probas, a Presidencia do Colexio aprobou a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos e dispón a súa publicación para consulta na web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia: www.ga-galicia.com e no taboleiro de anuncios da sede do colexio e das súas delegacións, logo de anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Os aspirantes non admitidos disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para emendar, se for o caso, a omisión ou o defecto que motivase a súa non admisión, ou presentar a correspondente reclamación ante o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

Cuarto. Unha vez que sexan resoltas as reclamacións e correccións presentadas, publicarase a relación definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos na web do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia e no taboleiro de anuncios da sede do colexio e nas súas delegacións.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza