Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración e instalación de equipamentos, elementos e compoñentes necesarios para a adecuación e posta en marcha do túnel de conxelación e a instalación de salmoira da aula de frío do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (expediente 8/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamentos, elementos e compoñentes necesarios para a adecuación e posta en marcha do túnel de conxelación e a instalación de salmoira da aula de frío do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=153541

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 103, do 1 de xuño de 2017.

d) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 158.000 €; importe IVE (21 %) 33.180 €, importe total 191.180 €.

Valor estimado: 158.000 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 6 de setembro de 2017.

b) Adxudicataria: Claudio Toubes, S.L. (NIF B15851660).

c) Importe: 157.300,00 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 25 de setembro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, de acordo cos criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar