Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2017 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, da subministración dunha furgoneta para o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), centro dependente desta consellería (expediente 2017_019_ SXT_EM).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica (Servizo de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 23 e 981 54 55 22.

5º. Fax: 981 54 01 18.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017_019_SXT_EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración dunha furgoneta para o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), centro dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, San Cibrao das Viñas, Ourense.

e) Prazo de execución/entrega: dous meses desde a sinatura do contrato ou, de ser o caso, o prazo ofertado polo adxudicatario.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 34100000-8 (vehículos de motor).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 20.661,16 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 20.661,16 euros. Importe total: 25.000 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas as dúas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.gal.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata o prazo máximo de resolución do procedemento.

9. Apertura de ofertas (sobre A e B):

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa por parte da mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificable mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: indicarase no perfil do contratante a data e a hora da apertura do sobre B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

11. Outras informacións. Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=210642

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016, DOG nº 131)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria