Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 22 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente tramitado por esta entidade (expediente 2012/78-36).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a continuación se indica, a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social; rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, advertíndolle que, de non facelo, se terá por notificado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante ao Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 22 de setembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2012/78-36.

Interesada: Tatiana Fernández Fernández.

DNI: 39458960E.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 27 de xuño de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: formalización de medida administrativa.