Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de setembro de 2017 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/83/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 5 de agosto de 2017 incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na execución dunha construción principal con tipoloxía de «fin de semana» (de planta baixa, con cuberta a dúas augas de lousa, que conta con cheminea, escaleira ou chanzos para acceso ao interior, antena de televisión e con cinco ventás, nalgunha das cales, se pode apreciar a existencia de persianas) coas características propias dun uso residencial, aínda que sexa ocasional ou de fin de semana, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira e na instalación dunha piscina, situadas no lugar de Penela, no termo municipal de Begonte, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Heliodoro Pastrana Veiga, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte desta publicación.

O interesado dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística