Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48180

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2017.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2017 por esta sociedade.

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da sociedade

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extra curriculares de alumnos do máster de Enxeñaría Ambiental, da Escola Técnica de Enxeñaría Industrial.

Establecemento dun programa para a realización de prácticas académicas externas de alumnos en instalacións de Sogama, e achega de expertos para a parte de docencia teórico-práctica especializada.

29.5.2017

Sen achega económica da Sociedade

Convenio de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. para a xestión das plantas de transferencia de residuos sólidos urbanos da Provincia de Ourense.

Establecemento das bases de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e Sogama para a xestión das once once (11) microplantas de transferencia de residuos urbanos da provincia de Ourense promovidas pola Deputación.

5.6.2017

4,75 €/t entregada. Estimado 898.700 €, IVE Incluído

Convenio de colaboración entre o Concello de Cerceda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. para o desenvolvemento de actividades e accións conxuntas.

Establecemento das bases de cooperación técnica, económica, social e ambiental en beneficio do interese público entre as entidades asinantes.

12.6.2017

2.678.812,5 €

Cerceda, 11 de setembro de 2017

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.