Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48053

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1297/2017).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1297/2017 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Isidro Crujeiras Piñeiro, sobre outros dereitos de Seguridade Social, ditouse Resolución do 15 de setembro de 2017 cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que aceptando o recurso de suplicación interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, en xuízo instado pola recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Isidro Crujeiras Piñeiro, a Sala revógaa e condena o Instituto Nacional da Seguridade Social e á Tesouraría Xeral da Seguridade Social a reintegrarlle á demandante as cantidades reclamadas en demanda.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase a certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Isidro Crujeiras Piñeiro, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza