Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48056

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (262/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 262/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Alejandra Vázquez Vigo contra Rohyl Ervedelo 60, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse resolución o 30.1.2017 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rohyl Ervedelo 60, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza