Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48466

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2017 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao amparo da Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 23 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, crédito orzamentario 666.667 euros, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 29.12.2016 da Axencia Turismo de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Subvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo, cofinanciadas co Feader

Beneficiario

Descrición da actuación

Importe subvención

Do Artesanato CAC, S.L.

Máis alá do Camiño

29.400,00

A Fraga da Pena Petada, S.L.

Segredos de Trevinca: Bosques, ceos, chíos

4.630,89

Asoc. Ruta do Viño do Ribeiro

Showroom do turismo gastronómico da ruta do viño do Ribeiro

20.331,50

Tempo Sacro, S.C.

Ribeira Sacra Vivac

7.220,14

Genuine Galicia, S.L.U.

Rutas de tempada e de divulgación

12.824,51

Piraguilla, S.C.

Plan de divulgación do mundo mariñeiro

10.662,61

Miguel Ángel Martínez Rodríguez (Viajes Tatuy)

Rías Baixas a golpe de autobús

30.000,00

Paloma Rey Fernández Latorre

Visitas a vista de paxaro Pazo de Rubianes

30.000,00

Club de vela Bauprés

Turismo mariñeiro náutico e do Camiño de Santiago

30.000,00

Total

175.069,65