Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48462

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2017 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos das probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e apróbanse as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e na disposición derradeira primeira da Orde do 24 de agosto de 2017 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 171, do 8 de setembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Orde do 24 de agosto de 2017 (DOG núm. 171, do 8 de setembro).

A listaxe provisional de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es.

A listaxe provisional de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos dispoñerán dun prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión, serán excluídos definitivamente.

Así mesmo, os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

A Estrada, 5 de outubro de 2017

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Nome

Clave

Díaz Coro, Daniel

4

Domínguez Agulla, José Manuel

1

Fiore, Marco

3

Rey Portilla, Carlos

3

Rodríguez Amaral, Manuel

3

Código

Descrición

1

Non achega xustificante do pagamento da taxa correspondente

2

Non achega certificado de penais e/ou oponse a que se faga a oportuna consulta

3

Non achega fotografías tamaño carné

4

Documentación incorrecta