Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de reintegro en materia de subvencións (expediente TR802J-15-048-14).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 27 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

O acto foi adoptado pola Secretaría Xeral de Emprego por delegación da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, segundo establece o artigo 36 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Expediente: TR802J-15-048-14.

Interesada: Concepción Sonia Fernández Vázquez.

Acto de notificación: resolución de declaración de procedencia de reintegro.