Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento, evolución e soporte especializado de diversos sistemas no ámbito da Administración de xustiza (expediente 2017/PA/0080).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0080.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: é obxecto desta contratación o servizo de mantemento, evolución e soporte técnico especializado de diversas aplicacións informáticas no ámbito da Administración de xustiza, principalmente:

• Simelga: sistema de xestión dos procedementos xudiciais asignados ao Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

• Repafe: sistema que xestiona o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

• Sorteo do xurado.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 18 meses contado a partir do 1.11.2017. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 18 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 760.320,00 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 316.800,00 €, máis 66.528,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 383.328,00 € que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2017: 35.200,00 € + 21 % IVE (7.392,00 €) = 42.592,00 €.

• 2018: 211.200,00 € + 21 % IVE (44.352,00 €) = 255.552,00 €.

• 2019: 70.400,00 € + 21 % IVE (14.784,00 €) = 85.184,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=213006.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase o apartado N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 27.11.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo cal se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no apartado 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 16.10.2017.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia