Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 48997

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (310/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 310/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Pérez Lourido contra Asociación Galega Serra do Bocelo, con citación do Fogasa, sobre ordinario, se ditou a Sentenza co número 414/2015, do 25 de setembro de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, estes autos de procedemento ordinario 310/2015, seguidos por instancia de Lorena Pérez Lourido, representada e asistida pola graduada social Sra. Baeza Barrantes, contra Asociación Galega Serra do Bocelo, que non compareceu ao xuízo oral, tendo sido citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral. En virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española e en nome do rei, dito esta sentenza con base no seguinte:

Que estimando integramente a demanda interposta por Lorena Pérez Lourido contra Asociación Galega Serra do Bocelo, debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.531,83 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civl (LAC) a partir desta resolución.

No que atangue á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase ater ao que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Asociación Galega Serra do Bocelo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza