Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49127

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de catro bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega, da listaxe dos candidatos de reserva.

Mediante a Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, aprobáronse as bases reguladoras e convocáronse 100 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega (DOG nº 71, do 11 de abril).

Mediante a Resolución do 5 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, resolveuse a dita convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, e concedeuse a bolsa a un total de 96 beneficiarios (DOG nº 175, do 14 de setembro). No artigo 2 desta resolución recóllese que dado que o número de bolsas concedidas ata o momento é de 96 e, polo tanto, inferior ao das 100 bolsas ofertadas na convocatoria, establécese segundo o establecido no artigo 15.2 da resolución, unha lista de candidatos de reserva ordenada polas puntuacións outorgadas, para o caso de que foran admitidos polas universidades correspondentes no seguinte prazo de matrícula e que deberán achegar o xustificante antes do día 22 de setembro de 2017.

De conformidade co disposto nos artigos 12 e 15 da Resolución do 7 de abril de 2017, a Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno, como órgano instrutor do procedemento, á vista da listaxe de reserva e unha vez recibidos os xustificantes da matrícula de catro candidatos desa listaxe, formulou a correspondente proposta de resolución para a concesión das bolsas aos ditos candidatos.

Vista a listaxe de reserva e á vista da proposta de resolución da Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno, e de conformidade co establecido na resolución da convocatoria,

RESOLVO:

Artigo 1

Conceder bolsas ás catro persoas que se atopaban na listaxe de reserva e que se relacionan no anexo desta resolución para cursar os másters que se sinalan na correspondente universidade galega, así como o importe que en cada caso se sinala.

O pagamento da bolsa realizarase na conta bancaria indicada pola persoa beneficiaria nos prazos establecidos e unha vez presentada a documentación xustificativa segundo o establecido no artigo 19 da resolución.

Artigo 2

Os beneficiarios destas bolsas están obrigados ao cumprimento do establecido no artigo 20 da resolución da convocatoria. Os incumprimentos das ditas obrigacións poderán dar lugar ao reintegro parcial ou total, nos termos recollidos no artigo 21 da dita resolución.

Contra esta resolución cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Apelidos

Nome

DNI / pasaporte

País de residencia

Máster

Universidade

Créditos

Anualidade

2017

Anualidade

2018

Importe total

1

Salceda Dapena

Diana

****608N

Venezuela

Asesoramento Xurídico Empresarial

UDC

90

5.000,00 €

6.475,00 €

11.475,00 €

2

Sánchez García

Karina

****4324

Venezuela

Xestión Sustentable da Terra e do Territorio

USC

60

5.000,00 €

2.650,00 €

7.650,00 €

3

Sobral Barbieri

Natalia Yael

****8184

Arxentina

Desenvolvemento Económico e Innovación

USC

60

5.000,00 €

2.650,00 €

7.650,00 €

4

Rodríguez Aranaga

Andrés Eduardo

****328C

Venezuela

Dirección de Pequenas e Medianas Empresas (pemes)

UVIGO

60

5.000,00 €

2.650,00 €

7.650,00 €