Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 16 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se dá publicidade á composición do tribunal e á data de celebración das probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza da Xunta de Galicia (DOG do 14 de xullo), convocáronse as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Segundo. O tribunal está constituído polos seguintes membros, designados de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria:

Presidenta: Pilar Otero Moar, presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

Secretaria: María del Mar Lamas Casal.

Vogais titulares:

Rosa López Río.

María Rocío Mesías Díaz.

María Amadora Rodríguez Carreira.

Vogais suplentes:

Pedro García Orois.

Jesús Ferro Mourenza.

David Castro Sanmartín.

Ángeles Lestón Mayo.

Terceiro. As probas realizaranse o sábado, día 25 de novembro de 2017, ás 10.00 horas, na Aula Magna da Facultade de Dereito, Universidade da Coruña, sita no Campus de Elviña, s/n, 15071 A Coruña.

Convócanse todos os aspirantes en chamamento único, no lugar e hora indicados, e sinálase que deberán ir provistos do seu documento nacional de identidade ou pasaporte e bolígrafo de tinta azul.

Durante a realización das probas non se poderá utilizar calculadora nin outro tipo de dispositivo electrónico ou móbil.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Publicas e Xustiza