Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2017/527-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.

Domicilio social: polígono I. Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma y ampliación potencia do CT Parderrubias-Maceira-1.

Situación: Salceda de Caselas.

Carecterísticas técnicas: reforma e ampliación de potencia a 100 kVA, con RT 20 kV/400-230 V, do centro de transformación situado en Maceira, Parderrubias, Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de outubro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra