Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista cuxo proxecto leva por título Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios, O Porriño, promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2017/16-0).

Para os efectos previstos nos artigos 73 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, nos artigos 78 e 96 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e nos artigos 18 da Lei de expropiación forzosa e 17 do seu regulamento, sométese ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista cuxo proxecto leva por título Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra), que promove a empresa Gas Galicia SDG, S.A. e que está declarada de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario:

A sociedade Gas Galicia SDG, S.A., con CIF número A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

Mediante a Orde do 14 de outubro de 1993 a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servizo público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Vigo, Mos e O Porriño.

O desenvolvemento da rede de distribución de gas natural no Porriño iniciouse tras a aprobación, mediante a Resolución do 16 de febreiro de 1998 desta dirección xeral, do proxecto de autorización administrativa da rede de distribución de gas na localidade do Porriño (1ª fase). Posteriormente, a extensión desta infraestrutura, de ser o caso, foise de-senvolvendo tras a aprobación de diferentes proxectos de execución por parte da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A correspondente concesión administrativa transformouse en autorización administrativa á entrada en vigor da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, porque segundo o establecido na súa disposición adicional sexta todas as concesións para actividades incluídas no servizo público de subministración de gases combustibles por canalización quedan extinguidas e substituídas de pleno dereito por autorizacións administrativas.

A execución do gasoduto de distribución O Porriño-Ponteareas iniciouse tras a Resolución do 17 de xaneiro de 2012 desta dirección xeral, pola que se outorgou á empresa Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa, se aprobou o proxecto de execución e se recoñeceu, en concreto, a utilidade pública do proxecto do gasoduto de distribución de gas natural denominado Ramal MOP = 16 bar O Porriño-Ponteareas e da súa addenda.

Obxecto da petición:

O 3 de maio de 2017 a sociedade Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista cuxo proxecto leva por título Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra).

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados, necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Descrición das instalacións:

O proxecto titulado Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra) recolle o reforzamento da rede existente en MOP 4 bar do Porriño, mediante a instalación dunha ERM MOP 16/4 bar Q1000-D, que se conectará co gasoduto O Porriño-Ponteareas.

As instalacións de gas obxecto deste proxecto resúmense nas seguintes:

– Conexión co gasoduto O Porriño-Ponteareas MOP 16 en diámetro 2”, con válvula de corte 2” PN 16, situada en Atios, X=534187, Y=4665838 (UTM, fuso 29, ETRS89).

– Instalación dunha ERM MOP 16/4 bar Q 1000-D, en Atios, na parcela 13 do polígono 31, X=531180, Y=4665838 (UTM, fuso 29, ETRS89).

– Conexión coa saída regulada MOP 4 bar da ERM, en tubaxe de polietileno DN-90 SDR-17,6/SDR-17 ata a válvula PE-90 PN 4 do punto de entrega, situada en Atios, X=531190, Y=4665836 (UTM, fuso 29, ETRS89).

Termo municipal afectado:

A solicitude afecta o termo municipal do Porriño, na provincia de Pontevedra.

Orzamento:

O orzamento das instalacións ascende á cantidade de trinta e oito mil cincocentos corenta e tres euros con trinta e catro céntimos (38.543,34 €).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da execución do proxecto titulado Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra), concrétase na seguinte forma:

1. Expropiación forzosa en pleno dominio dos terreos sobre os cales se construirán as instalacións fixas en superficie.

2. Para as canalizacións:

a) Imposición de servidume permanente de paso de gas ao longo do trazado da condución, cunha largura de tres (3) metros, un e medio (1,5) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrada a tubaxe e cable de comunicación e telemando que se requiran para a condución do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións de dominio:

– Prohibición de efectuar traballos de labrado, sacha ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos de talo alto.

– Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construción, edificación, movemento de terras ou efectuar algún acto que rebaixe a cota do terreo ou poida danar ou perturbar o bo funcionamento das instalacións.

– Libre acceso do persoal e equipos necesarios para a vixilancia e para manter, reparar ou renovar as instalacións, co pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

– Posibilidade de instalar os fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realizar as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para isto.

b) Contigua á zona de servidume permanente antes detallada existe unha zona de seguridade, definida na norma UNE 60.305:2015, que se estende ata cinco (5) metros a cada lado do eixe da canalización, na cal a execución de escavacións ou obras pode representar un cambio nas condicións de seguridade da canalización e na cal non se dan as limitacións anteriores nin se prohiben as obras incluídas como prohibidas na zona de servidume de paso, sempre que sexa informado previamente o titular da instalación para a adopción das accións oportunas que eviten os riscos potenciais para a canalización.

c) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada parcela nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer temporalmente todo obstáculo e realizaranse os traballos ou operacións necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo proxecto titulado Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra), na relación que se insire como anexo a esta resolución, para que poidan examinalo na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, ou na Xefatura Territorial de Pontevedra da mesma consellería, rúa Fernández Ladreda, 43-5º, 36071 Pontevedra, e presentar nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte á publicación deste anuncio. Os planos parcelarios poderán ser igualmente consultados no Concello do Porriño.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO
Relación de predios afectados polo proxecto Punto de entrega de 1.000 Nm3/h para reforzamento da rede de distribución de MOP 4 bar en Atios-O Porriño (Pontevedra)

Abreviaturas utilizadas: PD - superficie afectada en pleno dominio; SP - servidume permanente de paso; OT - superficie afectada por ocupación temporal; Pol. - polígono; Par. - parcela; PO - O Porriño; P - Pontevedra.

Termo municipal: O Porriño.

Nº de predio

Titular

Afección

Catastro

Lugar

Natureza

PD

SP

OT

Pol.

Par.

m2

m

m2

m2

P-PO-1

Laura Josefa Novas Lago

4,00

5,00

16,03

32,66

31

13

Campo de Atios

Agrario