Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2017 Páx. 49216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o comezo do deslindamento dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lourizán, concello de Pontevedra.

En cumprimento da Resolución do 20 de marzo de 2017, do director xeral de Ordenación Forestal, pola que se autoriza a realización do deslindamento dos montes veciñais en man común pertencentes aos veciños de Lourizán, concello de Pontevedra, en uso do disposto polo artigo 49 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, acórdase sinalar o día 1 de marzo de 2018 ás 10.00 horas para o comezo das operacións de apeo de lindes, que serán efectuadas pola enxeñeira de montes Irene Morales Sanz, fixando como punto de encontro o Centro Social de Estribela. O deslindamento comezará no monte Baliñas co piquete 1, situado na parcela catastral, 36900A045000010000QZ, proseguindo ata pechar o perímetro deste monte. Continuarase deslindando o perímetro do resto dos montes clasificados a favor da comunidade de Lourizán. Unha vez deslindado o perímetro do monte, proseguirase cos encravados situados dentro do perímetro deslindado.

Emprázanse aos lindeiros, propietarios de encravados e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Así mesmo, en cumprimento do disposto pola citada Lei de montes de Galicia, ábrese un prazo de trinta días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste edicto para presentar documentación acreditativa da propiedade do monte ou de parte deste. Para estes efectos só se considerará acreditativa de propiedade a titularidade reflectida nos asentamentos do correspondente Rexistro da Propiedade mediante certificación deste rexistro e identificación da parcela mediante certificación descritiva e gráfica de catastro.

De non estar inscrito no Rexistro da Propiedade, achegará certificación descritiva e gráfica de catastro xunto con calquera outro documento de propiedade. A devandita documentación, dirixida ao Servizo de Montes, deberá ser presentada no rexistro da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra (avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 2 de outubro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra