Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 3 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación á persoa interesada que se especifica no anexo do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible efectuala, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, o interesado poderá comparecer no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa avenida de Zamora, nº 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo se lle terá por desistido da súa petición.

Ourense, 3 de outubro de 2017

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: 9612.

Interesado/a: Silva Junqueira, Jurema.

NIE/DNI/PAS: FN322121.

Último enderezo coñecido: rúa da Obra, nº 10, 2º, 32800 Celanova.