Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación do outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de diversos locais no Hospital Universitario Lucus Augusti (expediente AB-EIL1-17-012).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1-2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo, 27003.

4º. Teléfono: 982 29 62 29/60 57/60 47.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es ou

juan.francisco.insua.esmoris-recaman@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-EIL1-17-012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión de ocupación de dominio público.

b) Descrición: outorgamento da concesión de ocupación de dominio público de diversos locais no Hospital Universitario Lucus Augusti, centro dependente da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si. Cinco lotes.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: si. Ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): non procede.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación:

1º. Canon anual ofertado: ata 60 puntos.

2º. Organización do servizo: ata 15 puntos.

3º. Recursos materiais e medios técnicos: ata 15 puntos.

4º. Plan de implicación na responsabilidade social corporativa da organización: ata 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: canon.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: canon mínimo anual por lote:

Para os lotes 1, 2, 3 e 4: 8.000,00 € (oito mil euros).

Para o lote 5: 6.000,00 € (seis mil euros).

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: 40 % do importe do canon anual ofertado.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as catorce horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1-2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo, 27003

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: seis meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero nº 1-3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso):

12. Outras informacións:

Lugo, 27 de setembro de 2017

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos