Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49403

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (366/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 366/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Rodríguez Rendo contra Marmota Retail, S.L. e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 366/2016, en que son parte, como demandante, Paula Rodríguez Rendo, asistida pola letrada Sra. Vales Fernández e, como demandado, Marmota Retail, S.L., que non comparece a pesar da súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes […]

Decido:

Estimar substancialmente a demanda interposta por Paula Rodríguez Rendo contra Marmota Retail, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 4.512,94 euros, co xuro do 10 % por mora, desestimando o resto de pretensións. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se for o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa dun deles, ou de beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou que non goce do beneficio de xustiza gratuíta demostre ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como demostrar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena; a consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Marmota Retail, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza