Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os titulares dos predios afectados polo proxecto da instalación eléctrica LAT evacuación parque eólico Airas, no concello de Mondoñedo.

Ante a imposibilidade de notificación aos titulares propostos por resultar a notificación infrutuosa, ou titulares descoñecidos mediante o presente anuncio practícaselle a preceptiva notificación da Resolución do 31 de agosto de 2017, desta xefatura territorial, pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, e declaración de impacto ambiental da instalación eléctrica LAT. Evacuación parque eólico Airas, promovida pola empresa Fergo Galicia Vento, S.L. con domicilio no parque empresarial Alvedro, r/ F, 23, 15180 Culleredo.

Comunícaselles que a dita resolución se publicou no Diario Oficial de Galicia do 29 de setembro de 2017, que no seu anexo se insire a relación de predios afectados coas súas afeccións, que o proxecto da instalación eléctrica se poderá examinar nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70, andar baixo 2, Lugo) e que poderán presentar as alegacións que considere oportunas no prazo de 30 días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación aos titulares propostos ou descoñecidos dos predios que se relacionan no anexo a este anuncio, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 10 de outubro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Liña de alta tensión evacuación parque eólico Airas

Concello de Mondoñedo

Predio

Polígono

Parcela

Titular proposto e enderezo

35

14

675

Avelino Fernández Méndez

Descoñecido

38

14

678

Enrique Fernández Méndez

Descoñecido

40

14

680

Enrique Fernández Méndez

Descoñecido

45

14

685

Generoso García Casabella

Descoñecido

49

14

690

Enrique Fernández Méndez

Descoñecido

53

14

741

Josefa Vázquez Fdez.

Descoñecido

34

14

674

Minerva Fdez. Vivero

Descoñecido

42

14

682

Descoñecido

Descoñecido

43

14

684

Rosario Rejes Barreiro

Descoñecido

50

14

691

Descoñecido

Descoñecido