Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49440

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización da subministración mediante a modalidade de renting de 60 vehículos para a campaña de saneamento gandeiro (expediente 11/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 60 vehículos –de nova adquisición– en réxime de aluguer con destino ao persoal veterinario, para a realización das súas tarefas nas campañas de saneamento gandeiro.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=114699

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 3 de marzo de 2017, BOE do 11 de marzo y DOG nº 101, do 21 de marzo.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento máximo de licitación:

Importe neto: 963.360,00 € (sen IVE).

Valor máximo estimado: 1.445.040,00 € (incluídas posibles prórrogas e modificacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de maio de 2017.

b) Adxudicataria: Empresa Monforte, S.A.

c) Importe de adxudicación: 674.208,00 (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 20 de xuño de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural