Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (414/2015).

Procedemento ordinario (PO) 414/2015

Demandante: María Soledad Silva Turnes

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Mami Plus, S.L., Fogasa

Avogados: (...), letrado de Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 414/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Soledad Silva Turnes contra a empresa Mami Plus, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dez de xullo de dous mil dezasete.

A parte demandada presentou escrito en que desiste da demanda. Ao se encontrar citado a xuízo a demandada, dáselle traslado a este da desistencia por prazo de dez días para que mostre ou non a súa conformidade, segundo o disposto no artigo 20.3 da LAC, co apercibimento de que, transcorrido o dito prazo sen que efectuase ningunha manifestación, se entenderá que mostra a súa conformidade coa desistencia da interesada.

Así mesmo, ao se encontraren sinalados os actos de conciliación e xuízo para a súa realización o próximo día 3 de outubro de 2017, ás 12.30 horas, acórdase a súa suspensión.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorre.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mami Plus, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza