Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49474

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística, polo sistema de taxación conxunta, para obra de acondicionamento da estrada local CM-216 en Martulo, Morás.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o Pleno do Concello de Arteixo, en sesión ordinaria do 28 de setembro de 2017, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística polo sistema de taxación conxunta, para obra de acondicionamento da estrada local CM-216 en Martulo, Morás, Arteixo, asinado por José María Ruiz Mora, enxeñeiro técnico agrícola, colexiado 773, expediente 05/17.

Así mesmo, acordouse someter a información pública, por período dun mes, o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº predio

Afección

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Clasificación solo

Superficie que se expropiará

(m2)

Importe que se pagará (€)

Titular

DNI/NIF

1

Parcial

57

124

15005A05700124000PF

Rústico

501,98

2.445,64

Club Hípico de Morás, S.L.

B15053978

2

Parcial

57

93

15005A057000930000PT

Rústico

333,08

1.622,76

Ramón García Otero

Dolores García Otero

3

Parcial

57

95

15005A057000950000PM

Rústico

378,84

1.845,72

Antonio Patiño Pérez

32390797N

4

Parcial

79

585

15005A079005850000PD

15005A079005850001AF

Rústico

Urbano

186,88

76,34

867,12

1.361,90

Ramón García Otero

Dolores García Otero

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 3 de outubro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto 1336/2015)
José Ramón Amado de la Fuente
Concelleiro de Obras e Servizos Municipais