Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49479

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

EDICTO de aprobación do expediente de expropiación fundamentado no documento técnico Texto refundido do proxecto de expropiación de terreos e bens para zona verde de sistema xeral SX-ZV-P15.

Con data do 5.10.2017, logo dos informes e trámites preceptivos, o Concello Pleno adoptou, entre outros acordos, o referido á aprobación do expediente de expropiación fundamentado no documento técnico Texto refundido do proxecto de expropiación de terreos e bens para zona verde de sistema xeral SX-ZV-P15 (actuación illada en solo urbano de ampliación dos xardíns da Alameda), elaborado con data 19.9.2017 polo arquitecto municipal (Sr. Ponte Clares), froito, por unha parte, da análise particular e conxunto das alegacións presentadas en tempo e forma e, por outra banda, da representación gráfica alternativa xeorreferenciada realizada para o recinto/perímetro afectado (igualmente aprobada/ratificada, logo de ser validada pola Dirección Xeral do Catastro –CSV 541EXY56P4CDSY7K– e solicitada a súa inscrición rexistral).

Este texto refundido, que tamén foi obxecto de aprobación definitiva, recolle os cambios procedentes respecto do aprobado inicialmente con data 5.11.2015.

A aprobación deste expediente de taxación conxunta implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados:

Predio catastral

Indemnización expropiatoria (euros)

2065407NH4226N0001LX

2065406NH4226N0001PX

2065402NH4226N0001BX

1.237.310,47

2065403NH4226N0001YX

125.473,2

2065404NH4226N0001GX

308.674,78

2065405NH4226N0001QX

123.176,94

4.671,00 m2                             (global)                               1.794.635,39 €

Así mesmo, ordenou a publicación dese acordo no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro municipal.

Igualmente, ordenou a súa notificación, acompañado da documentación/información técnica municipal que o fundamenta (os respectivos informes técnicos particulares emitidos sobre cada alegación presentada, e o indicado documento refundido –que inclúe as respectivas novas follas de prezo xusto resultantes–), ás persoas interesadas titulares de bens e dereitos que se relacionan a seguir para que, no prazo de 20 días, poidan, de ser o caso, manifestar por escrito ante o órgano expropiante a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado. Nese caso, trasladaríanse o expediente e a folla de aprecio impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia para que fixase o prezoxusto. De non formular oposición á valoración no devandito prazo, presumiríase aceptada a que se fixa no acto/acordo aprobatorio do expediente, de xeito que o prezo xusto se entendería definitivamente determinado e de conformidade:

2065407NH4226N0001LX; 2065406NH4226N0001PX; 2065402NH4226N0001BX (herdeiros de Manuel Campos Paseiro).

2065403NH4226N0001YX (herdeiros de María Hortensia González Cao).

2065404NH4226N0001GX (herdeiros de José Castro Bouzón).

2065405NH4226N0001QX (Dosemas, S.L.).

Finalmente, ordenou comunicar este acordo ao Rexistro da Propiedade do Distrito Hipotecario da Estrada e á Xerencia Territorial do Catastro en Pontevedra, para coñecemento e efectos.

A Estrada, 11 de outubro de 2017

José C. López Campos
Alcalde