Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2016271AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data 11 de setembro de 2017 o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2016271AL-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á entidade mercantil Atunes y Lomos, S.L. Con data 11 de xullo de 2017 o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015306AL-CO, incoado na Xefatura Territorial da Coruña á entidade mercantil Fruterías Alberti e Hijos, S.L.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle á entidade mercantil Atunes y Lomos, S.L. o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e obter, de ser o caso, copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2016271AL-PO.

Interesada: Atunes y Lomos, S.L.

Documento de identificación: B36998755.

Último enderezo coñecido: rúa Coruña, 24, 1º A, 36208 Vigo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Resolución: desestimatoria do recurso.