Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 311/2017-P.O. 64/2017, interposto por Irianna González Durán.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela o Decreto do 8 de setembro de 2017 polo que se ordena a remisión do expediente e o emprazamento das persoas que poidan resultar afectadas pola resolución do recurso contencioso-administrativo P.A. 311/2017-P.O. 64/2017, interposto por Irianna González Durán, contra a Resolución do 19 de decembro de 2017 pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 29 de setembro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño).

En consecuencia, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública