Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49643

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (199/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 199/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luz María Gómez Raposo contra a empresa Llegar y Llenar, S.L., sobre despedimento, se ditou a sentenza do 7 de setembro de 2017 que se sinala, cuxo texto íntegro está á disposición do interesado na sede do xulgado.

Contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, deberá consignar a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación «Depósitos e consignacións», co número 5081, especificando a clave 65 ao se tratar de un recurso de suplicación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Llegar y Llenar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 2 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza