Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2015/164-1, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda, substitución de apoios de madeira, nos concellos de Mesía e Oza-Cesuras (expediente IN407A 2015/164-1), acto que terá lugar sobre o terreo segundo o calendario e os datos que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 11 de outubro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/164-1.

Entidade beneficiaria: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Denominación da instalación: reforma liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda, substitución de apoios de madeira.

Concellos: Mesía e Oza-Cesuras.

Predio

Concello

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Mesía

Leira Longa

Herdeiros de Manuel García Barreiro

24.11.2017

11.30

2

Oza-Cesuras

Aguillón

Herdeiros de María Pardo Naveira

30.11.2017

11.00

3

Oza-Cesuras

Aguillón

Herdeiros de Manuel Pardo Naveira

30.11.2017

11.10

4

Oza-Cesuras

Aguillón

Herdeiros de Francisco Pardo Naveira

30.11.2017

11.20

5

Oza-Cesuras

Quenlla

Herdeiros de Francisco Pardo Naveira

30.11.2017

11.20