Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 10 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-1128/2016-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-1128/2016-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 10 de outubro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1128/2016-PPM

Pablo Fernández Triñanes

52458171R

Inicio

Rebordelo, 117, Boiro

PSC-CO-1201/2016-PPM

Víctor M. Rodríguez Sánchez

47365629G

Inicio

Carnoedo, s/n, Sada

PSC-CO-0043/2017-PPM

Juan Manuel Patiño Lampón

33211163Z

Inicio

Rúa das Américas, 123, Aguiño, Ribeira