Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANUNCIO do 28 de setembro de 2017 polo que se convoca concurso para a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de convocatoria e envío de información a doadores a través de carta, teléfono, sms ou correo electrónico para as campañas de doazón de sangue, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas cuxa cuantificación depende de xuízos de valor, mediante contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa da ADOS.

c) Número de expediente: AB-ADOS-17-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de convocatoria e envío de información a doadores a través de carta, teléfono, sms ou correo electrónico, para as campañas de doazón de sangue da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: os indicados no seu momento pola dirección da ADOS.

d) Prazo de execución: 12 meses desde a data de sinatura do contrato.

e) Duración do contrato: 12 meses desde a data de sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación. Total contratación: 331.760,00 €, IVE non incluído.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención da documentación e información:

a) Entidade: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

b) Domicilio: avda. Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15705.

d) Teléfono: 881 54 69 00.

e) Telefax: 981 59 31 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día 9 de novembro de 2017.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. Grupo U, subgrupo 8, categoría 4.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 9 de novembro de 2017.

b) Documentación a presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (sala de xuntas).

b) Enderezo: avda. Monte da Condesa, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15705.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 25 de setembro de 2017.

13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es e plataforma de contratación pública de Galicia: www.contratosdegalicia.gal.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos