Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2017 Páx. 49863

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2017 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 25 da Resolución do 26 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

O 8 de xuño de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 26 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

O artigo 25.2 da Resolución do 26 de maio de 2017 establecía os seguintes prazos de xustificación:

Prazos de presentación da documentación.

Ano 2017

Ata o 31 de outubro de 2017

Ano 2018

Ata o 31 de outubro de 2018

Ano 2019

Ata o 31 de outubro de 2019

Ano 2020

Ata o 31 de outubro de 2020

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2017

– Unidades mixtas de nova creación: desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) ata o 31 de outubro de 2017.

– Unidades mixtas xa existentes: desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) ata o 31 de outubro de 2017.

Ano 2018

– Desde o 1 de novembro de 2017 ata o 31 de outubro de 2018.

Ano 2019

– Desde o 1 de novembro de 2018 ata o 31 de outubro de 2019.

Ano 2020

– Desde o 1 de novembro de 2019 ata o 31 de outubro de 2020.

Tendo en conta a demora na resolución das devanditas axudas, motivada pola complexidade das solicitudes presentadas e polo proceso de avaliación destas, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2017 por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2017 establecido no artigo 25.2 da convocatoria.

En consecuencia, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do artigo 25.2 da Resolución do 26 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

O artigo 25.2 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:

«Prazos de presentación da documentación.

Ano 2017

Ata o 28 de decembro de 2017

Ano 2018

Ata o 31 de outubro de 2018

Ano 2019

Ata o 31 de outubro de 2019

Ano 2020

Ata o 31 de outubro de 2020

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2017

– Unidades mixtas de nova creación: desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) ata o 28 de decembro de 2017.

– Unidades mixtas xa existentes: desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) ata o 28 de decembro de 2017.

Ano 2018

Desde o 29 de decembro de 2017 ata o 31 de outubro de 2018.

Ano 2019

Desde o 1 de novembro de 2018 ata o 31 de outubro de 2019.

Ano 2020

Desde o 1 de novembro de 2019 ata o 31 de outubro de 2020.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación