Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de outubro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017319AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 17 de agosto de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017319AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Eduardo Montes Dopazo, con DNI 77412179K, como titular do establecemento Tercer Milenio.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que, mediante esta cédula, se notifica a Eduardo Montes Dopazo, con DNI 77412179K, como titular do establecemento Tercer Milenio, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Tamén se lle fai saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 5 de outubro de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017319AL-PO.

Denunciado: Eduardo Montes Dopazo, con DNI 77412179K, como titular do establecemento Tercer Milenio.

Último enderezo coñecido: rúa Areal, núm. 28, Portonovo, 36970 Sanxenxo.

Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria:

1. En todas as etapas da produción, transformación e distribución deberá asegurarse a rastrexabilidade dos alimentos, [...].

4. [...] os alimentos comercializados deberán estar adecuadamente etiquetados ou identificados para facilitar a súa rastrexabilidade mediante documentación ou información pertinentes [...].

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).