Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para contratar o servizo de limpeza de locais nas dependencias administrativas da Coruña (expediente 37/2017).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 37/2017.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=186373

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza das dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 150, do 8 de agosto de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 73.553,72 euros. IVE (21 %): 15.446,28 euros. Importe total: 89.000,00 euros.

5. Formalización:

a) Data: 27 de setembro de 2017.

b) Contratista: Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 72.500,00 euros. IVE (21 %): 15.225,00 euros. Importe total: 87.725,00 euros.

A Coruña, 9 de outubro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Mª Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña