Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50494

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1224/2014).

María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de seguridade social 1224/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Pérez García contra a empresa Mutua Ibermutuamur, Ausoco S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Retirada e Xestión de Residuos, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Mutua Fraternidad-Muprespa, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolución

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Julio Pérez García contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Ibermutuamur, Mutua La Fraternidad, Ausoco, S.L. e Retirada y Gestión de Residuos, S.L., e absolvo os demandados das peticións contidas nela.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ausoco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza