Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2017 Páx. 50663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autoriza o peche e o desmantelamento da infraestrutura gasista correspondente á planta satélite de gas natural licuado (GNL) de subministración ao municipio de Cervo, cuxa titularidade corresponde a Gas Galicia SDG, S.A.

Logo de examinar o expediente instruído a pedimento da empresa Gas Galicia SDG, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Área Central, local 31 HIJ, 15707 Santiago de Compostela, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 4 de marzo de 2008 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa previa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Cervo, na provincia de Lugo (expediente IN627A 2005/19-0); que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 7 de abril de 2008 e no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 2 de abril.

Segundo. O 11 de setembro de 2009 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aprobou o proxecto de execución das instalacións correspondentes á rede de distribución de gas natural en Cervo (Lugo), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2005/19-0).

Terceiro. O 14 de setembro de 2009 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a autorización administrativa previa e se aprobou o proxecto de execución da planta satélite de gas natural licuado (GNL) para a subministración á rede de distribución de gas natural no temo municipal de Cervo, na provincia de Lugo (expediente IN627A 2005/19-0); que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 16 de outubro de 2009 e no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 10 de outubro.

Segundo consta neste proxecto de execución, a subministración de gas natural á poboación de Cervo proxéctase nun primeiro momento desde unha planta de GNL que se situará na parcela S-1 do parque empresarial de Cuíña (San Cibrao-Cervo). Unha vez rematado o ramal de transporte secundario de gas natural Ribadeo-Viveiro, disporase dun punto de entrega que pasará a realizar a subministración de gas natural á rede de distribución da poboación de Cervo.

Cuarto. O 7 de setembro de 2010 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a autorización administrativa e se aprobou a addenda I ao proxecto de execución a que se fai referencia no antecedente segundo (expediente IN627A 2005/19-0), que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 18 de outubro de 2010) e no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 8 de outubro. Con esta addenda ampliouse en 2.470 m a lonxitude das canalizacións previstas inicialmente no proxecto de execución (8.416 m).

Quinto. O 7 de maio de 2012 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se aprobou a addenda II ao proxecto de execución a que se fai referencia no antecedente segundo, promovida por Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2012/3-0). Con esta addenda ampliouse en 282,6 m a lonxitude das canalizacións previstas inicialmente no proxecto de execución (8.416 m) e na súa addenda I (2.470 m).

Sexto. O 7 de marzo de 2013 a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo ditou resolución pola que se outorgou a Gas Natural Transporte SDG, S.L. a autorización administrativa, se aprobou o proxecto de execución e se recoñeceu, en concreto, a utilidade pública para a construción do gasoduto de transporte básico da Mariña lucense, que se publicou no Boletín Oficial del Estado do 15 de marzo.

Sétimo. O 9 de decembro de 2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou e se aprobou o proxecto de execución da estación de regulación e medida (ERM) e extensión de rede no termo municipal de Cervo (Lugo), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/16-0).

Este proxecto prevé a instalación dunha ERM para instalar no interior da posición 06 do gasoduto de transporte básico da Mariña lucense, para a subministración de gas natural á rede de distribución de Cervo, así como a extensión de rede necesaria para levar o gas desde esta ERM ata o futuro punto de conexión coa rede existente no núcleo urbano.

Oitavo. O 10 de abril de 2017 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa para o peche da planta de GNL de subministración ao municipio de Cervo, acompañada do proxecto titulado «Desmantelamento da planta de GNL ao municipio de Cervo (Lugo)» e da separata técnica para o Concello de Cervo.

Noveno. O 5 de mayo de 2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas trasladou unha separata técnica do proxecto de autorización administrativa de desmantelamento da planta de GNL, presentado por Gas Galicia SDG, S.A., ao Concello de Cervo pola súa condición de Administración con bens e dereitos afectados e para os efectos de obter o seu informe ao respecto.

O Concello de Cervo non contestou esta petición de informe nin a reiteración desta petición efectuada o 3 de xullo de 2017, por tanto, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar, enténdese a súa conformidade coa autorización de referencia, de acordo co disposto nos artigos 80 e 84 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro.

Décimo. O 15 de maio de 2017 os servizos técnicos da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en diante, xefatura territorial) emitiron informe favorable sobre a solicitude de peche da planta de GNL de subministración ao municipio de Cervo, dado que se xustifican as circunstancias que motivan esta actuación, se achegan planos da situación actual das instalacións e do proceso de desmantelamento e a subministración de gas natural á citada poboación queda asegurada mediante a conexión á posición 06 do gasoduto de transporte básico da Mariña lucense.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; co Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural; co Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP); coa Orde da Consellería de Industria e Comercio do 30 de novembro de 1999 sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas; e coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, o peche das instalacións de distribución de gas natural requirirá autorización administrativa previa, cuxo procedemento vén regulado nos artigos 88 a 91 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro.

Terceiro. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

A Dirección Xeral de Enerxía e Minas, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autorizar o peche, incluíndo o desmantelamento, da infraestrutura gasista correspondente á planta satélite de gas natural licuado (GNL) de subministración ao municipio de Cervo, cuxa titularidade corresponde a Gas Galicia SDG, S.A.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. O peche e desmantelamento de instalacións que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de autorización administrativa presentado pola empresa titular das instalacións baixo a denominación «Desmantelamento de planta de gas natural licuado de subministración ao municipio de Cervo (Lugo)», asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández (colexiado nº 1.534 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia), con referencia GDP41116110001, e no cal figura un orzamento de 80.884,49 euros.

Segunda. Durante a execución do proxecto cumpriranse as condicións técnicas e de seguranza dispostas nos regulamentos vixentes que lle sexan de aplicación e, en particular, o disposto no Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e na súa ITC-ICG 04 (plantas satélite de gas natural licuado (GNL), aprobados polo Real decreto 919/2006, do 28 de xullo.

Terceira. O prazo para o peche e desmantelamento que se autoriza será de seis (6) meses, contados a partir da data da última autorización administrativa que sexa necesario obter para a execución dos traballos; unha vez rematados estes traballos, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de acta de peche ante a xefatura territorial, quen deberá expedila despois das comprobacións técnicas que considere oportunas.

Cuarta. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Quinta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para o peche autorizado.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas